• Segue conectado
  • |

Ponteareas realizará unha celebración histórica do Corpus coa súa recreación virtual

Ponteareas | O Concello de Ponteareas informa que este ano non se confeccionarán as tradicionais alfombras florais de Corpus dadas as circunstancias actuais provocadas pola pandemia do COVID-19 pero adianta que se realizarán diferentes actividades de divulgación desta tradición de dous séculos de antigüidade a través das redes sociais e dos medios de comunicación. O alcalde […]

Ponteareas peonaliza o centro en sábados e festivos para garantir unha mobilidade segura

Ponteareas | O Concello de Ponteareas prepara diferentes medidas para garantir a mobilidade segura das persoas durante a crise sanitaria. Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “Ponteareas ten unha rede peonil raquítica. O espazo público para as persoas representa o 28% fronte ao 72% que ocupan os vehículos. A maioría das beirarrúas, […]

Ponteareas convoca VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey 

Ponteareas | O Concello de Ponteareas convoca o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey que, nestes días, será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O Concello quere lembrar con este premio o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta Fermín Bouza Brey. A data de comezo do prazo de presentación […]

Ponteareas colga na web do Concello as bases das axudas aos negocios

Ponteareas | O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) informa que xa están colgadas as bases para a concesión das axudas económicas aos negocios do concello de Ponteareas afectados pola declaración do estado de alarma polo COVID-19. Na páxina web do Concello, no botón “Axudas directas COVID-19” ou premendo directamente nesta ligazón, os e as interesadas poderán acceder […]

Ponteareas reforza a área de Benestar Social con máis medios para apoiar ás familias vulnerabeis

Ponteareas | O Concello de Ponteareas reforzou os servizos sociais municipais para atender a quen máis o necesita como consecuencia da crise sanitaria. Segundo informa a concelleira de Benestar Social, a nacionalista Verónica Carrera, o centro de reparto de alimentos municipal xa repartíu máis de 9.000 quilos de alimentos non perecedoiros entre as familias vulnerabeis. […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies