
Ponteareas | O cidadán Xurxo Cosme Porrit Lueiro, veciño de Ponteareas, estivo entre os detidos polas forzas militares israelíes tralo seu asalto á Flotilla Sumud Gaza este 18 de maio en augas internacionais das costas de Chipre. Os soldados israelís utilizaron fusiles de asalto nun acto de violencia que viola a lexislación internacional.
A flotilla se dirixía a Gaza para brindar asistencia humanitaria ao pobo palestino. Porrit era tripulante da embarcación Iridescence, con bandeira polaca, unha das 57 que se dirixían a Gaza. Nesta tripulación tamén ía outro galego, Benito González Rodríguez, igualmente detido. Outros catro galegos tamén foron detidos noutras embarcacións, sendo os casos de Alberte Pagám, Andrea Morales, Ana Isabel Fuentes e Duarte Ferrín.
A ilegal acción israelí mereceu unha enérxica nota de protesta por parte dos ministros de Exteriores de España, Turquía, Bangladés, Brasil, Colombia, Indonesia, Xordania, Libia, Maldivas e Paquistán. Nas súas respectivas notas denunciaron o “desprezo constante” por parte do Estado de Israel “do dereito internacional, a liberdade de navegación e as iniciativas humanitarias”.
Na foto, Porrit é a persoa en segundo plano por detrás.




