Resultados da búsqueda para: BNG

A Praza de Bugallal ábrese por completo ao uso público

Ponteareas | A Praza de Bugallal abrirase por completo ao uso público esta fin de semana, coa retirada dos valados que protexían até agora as 18 xardineiras instaladas neste espazo. O Goberno municipal do BNG-PSOE anunciou que “agora, unha vez rematada a obra, que era o prioritario, se iniciarán os procedementos oportunos para depurar responsabilidades en relación con diferentes vicisitudes xurdidas durante a execución da obra, entre elas o seu retraso”. O executivo local adiantou que “a veciñanza e os grupos municipais terán toda a información sobre o acontecido e poderán verificar con transparencia as adversidades que o goberno tivo que afrontar e ás que respondemos cunha defensa firme dos intereses municipais”. Con independencia das responsabilidades que se esixirán, o goberno local pediu desculpas polos trastornos causados á veciñanza e…
Leer máis

Eliminación do voto rogado para os residentes no exterior

Santiago de Compostela/PSdeG-PSOE | O coordinador dos representantes do PSdeG no Congreso e no Senado, César Mogo, amosou hoxe a súa satisfacción pola eliminación do voto rogado para os residentes no exterior, que foi aprobada hoxe no Congreso a proposta do Partido Socialista. Esta reforma, que se fixo “atendendo e entendendo o que nos dixeron dende a emigración”, permite eliminar as trabas burocráticas á que estaban sometidos os emigrantes para poder exercer o seu dereito ao voto e, en consecuencia, “corrixir un erro que a política cometeu hai anos”. “Dende hoxe”, proclamou César Mogo, “volvemos a ser todos iguais, como non podía ser doutro xeito”. Mogo sinalou que a supresión do voto rogado vai permitir que se melloren as condicións para facilitar o voto dos emigrantes, con -entre outras medidas-…
Leer máis

O Corpus Christi de Ponteareas estrea alumeado

Ponteareas | Ponteareas porá fin en poucas semanas ás obras de renovación do seu alumeado público, a través do que se substituíron as luminarias públicas nas parroquias e no centro urbano por tecnoloxía LED e telexestión, o que permitirá un maior aforro enerxético, mellorar a seguridade cidadá e axustar a iluminación ás necesidades da vila. “Xa temos renovadas máis do 90% das luminarias e cadros de mando. Con este cambio tamén fomos implantando unha ferramenta que nos permite monitorizar, medir, controlar e realizar xestións en remoto do alumeado público, ofrecendo así unha maior calidade”, sinala Chus Garrote, tenenta de alcaldesa e concelleira de Vías, Obras e Alumeado. Precisamente será o tradicional Corpus Christi de Ponteareas o que estree este novo alumeado público no centro urbano da vila. Dada a importancia…
Leer máis

Nacionalismo galego, da desesperación á expectativa.

Suso de Toro/Revista Luzes | O nacionalismo galego é a corrente política máis desvalida e castigada pola historia. A súa enerxía nace tanto da conciencia da opresión a un pobo como, loxicamente, da desesperación. Non se comprende ese nacionalismo actual sen coñecer o seu nacemento no tempo que o configurou. E verdadeiramente o dilema dese nacionalismo actualmente é se é capaz a deixar atrás certas marcas de carácter ou non. O golpe de 1936 e a represión e guerra subseguinte tronzaron a historia do galeguismo. Nesa altura da II República existe un nacionalismo galego conformado como unha corrente democrática rexeneracionista, pretendía eliminar a dependencia da corte para modernizar as estruturas económicas e crear unha cultura moderna na lingua propia. O Partido Galeguista trazaba unha Galiza posíbel e que pensaban viábel.…
Leer máis

As forzas políticas opinan sobre o Corpus

Delfín Domínguez Cerdeira | Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas Valoración das Festas do Corpus. Este ano espertan una especial ilusión e expectativa por poder celebrarse coma sempre. Por tanto, o meu recoñecemento e parabéns para os alfrombristas pola posta en valor do Corpus en moitos lugares de Galicia e do estranxeiro. Valoración da xestión do goberno local: elementos máis salientables A xestión do goberno local pódese cualificar de boa en termos xerais. Cabe salientar algunhas cousas que estaban enquistadas e que era preciso resolver: a aprobación do PXOM como ferramenta fundamental para a ordenación do territorio e para garantir a seguridade xurídica. Obviamente, non todo o mundo vai a estar de acordo. Lembrar que pasaron 20 anos desde a suspensión do PXOM debido a licencias urbanísticas ilegais. O proxecto…
Leer máis