Resultados da búsqueda para: BNG

Esquerda Unida Ponteareas denuncia falta de transparencia nos Orzamentos 2022

Ponteareas/Esquerda Unida | O pasado venres 13 de maio, o BNG e o PSOE aprobaron definitivamente o Orzamento Xeral do Concello de Ponteareas para o exercicio de 2022 ao rexeitar as tres alegacións que se presentaron en prazo. Entre as alegacións presentadas estaba a rexistrada polo Coordinador Local de EU, Lino Costas na que se pedía que se subiran á páxina de transparencia do Concello, xunto coa outra documentación relativa aos orzamentos, as liquidacións do exercicio anterior tal e coma establece a lexislación. No dito pleno, o concelleiro de facenda asegurou que se respondera á alegación enviando a documentación requirida, o que non é certo. Si é certo que se incluíu na páxina de transparencia a documentación que faltaba, pero sen comunicarse de ningún xeito co alegante. De feito, a…
Leer máis

A alternativa fronte ao continuismo.

Cadernos da viaxe. A anécdota do pleno parlamentario da investidura do novo presidente deste noso país púxoa o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, proclamando presidente da Xunta ao eleito Rueda, cando esa cualidade xurídicamentee aínda precisaba do seu nomeamento polo Xefe do Estado. Maís aló dun posíbel lapsus linguae, a expresión reflicte o interiorizado que temos que o proceso de elección do Presidente da Xunta é un asunto que só lle compete á cidadanía galega. Mais o interese real deste pleno parlamentario estivo no confrontamento entre o discurso continuista, de apelación á estabilidade e a unha suposta previsibilidade do novo presidente Rueda fronte á alternativa de goberno que reflectiu a voceira do BNG, Ana Pontón. A líder soberanista tivo a habilidade de xerar un auténtico debate político os dous únicos…
Leer máis

A área fluvial da Freixa-San Roque en Ponteareas será un espazo natural e de ocio

Ponteareas | O Concello puxo en marcha un proceso participativo para que veciñanza, persoas usuarias, clubs, asociacións deportivas e sector turístico acheguen a súa opinión Ponteareas quere converter a área fluvial da Freixa-San Roque, no río Tea, nun excepcional espazo público, natural e de ocio. O Concello traballa na elaboración dun plan integral para que este amplísimo espazo acade os niveis de calidade e excelencia á altura das mellores áreas destas características existentes no país ou no norte de Portugal. Para o goberno do BNG-PSOE existe dende sempre a necesidade de valorizar este espazo, integralo e conectalo de xeito atractivo coa zona urbana e protexer os seus valores ambientais e patrimoniais. “Agora chegou o momento de facelo con rigor, estudo, planificación e con proxectos ambiciosos que convertan este lugar de…
Leer máis

Concello de Ponteareas anunciou que a Xunta asume a plena xestión da Estación de Autobuses

Ponteareas | Tras 11 anos de retraso, a Xunta de Galicia asumiu o pasado día 1 de maio a plena administración da Estación de Autobuses de Ponteareas tras un mes de xestións de traspaso entre o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, e representantes da Consellaría de Mobilidade da Xunta de Galicia. O goberno local lembra que hai 11 anos, o 31 de xullo de 2011, venceu o contrato de explotación en virtude do cal o Concello xestionaba a estación dende 1991. O daquela alcalde, Salvador González, comunicou á Xunta que o Concello non quería continuar coa explotación da Estación porque lle supuña un déficit anual de máis de 40.000 euros. A Xunta comprometeuse entón a dar unha solución antes de finalizar 2011, pedindo ao alcalde González Solla “a colaboración dese…
Leer máis

ACiP presentou alegacións ao proxecto da N120

Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas decidiu presentar alegacións ante a falta de liderado por parte da Alcaldesa Cristina Fernández, para presentar un escrito consensuado por todas as forzas da corporación. Lamentamos moito a pírrica claridade e definición que mostrou o goberno, a cal motivou que a nosa formación decidise presentar as súas propias, colaborando co que nos transmitiron dende a Plataforma N-120, xa que eles son os grandes artífices de que o proxecto avance. Debemos recordar, con respecto a isto, que o goberno soamente convocou unha reunión ao principio da exposición pública, e pola incesante presión veciñal. Nesa reunión comprometeuse a realizar varias convocatorias, pero nunca se nos notificou nada máis, sendo o modus operandi habitual de BNG e PSOE, que en temas de gran calado para esta cidade…
Leer máis