Resultados da búsqueda para: BNG

BNG Mos denunciou o “malgasto en actuacións propagandísticas” por parte do Concello

Mos/BNG | O BNG de Mos presentou 14 emendas aos orzamentos municipais elaborados polo PP de Nidia Arévalo para o ano 2023. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, cre que "é preciso mellorar certos eidos que están mal financiados ou que directamente foron esquecidos por parte do goberno municipal". Barcia indica que "o BNG presenta estas emendas con espírito construtivo, pero non oculta o seu temor de que o PP as rexeite todas, "tal como fixeron en anos anteriores". Algunhas das propostas do BNG van encamiñadas a reforzar as partidas destinadas a Servizos Sociais. Solicítase, por exemplo, un maior investimento no Centro de Información á Muller (CIM), pasando dos 22.000 euros asignados na proposta do PP a 50.000, unha cantidade que en opinión de Barcia "é moi necesaria para…
Leer máis

“Vexo posible repetir o bipartito, agora cun rol hexemónico para o BNG”

Avogado cunha prolífica carreira política que levouno a ser secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia (2007-2009), e colaborador habitual do noso xornal, Xoán Antón Pérez-Lema (1964) aborda a situación das peaxes en Galicia e dos dereitos dos consumidores mentres albisca futuros escenarios políticos a nivel galego e estatal. O seu despacho acaba de gañar a segunda demanda sobre a devolución do 50% das peaxes cobradas por Audasa polas obras na AP-9. Ve posible que se gañen outros casos similares? Si, certamente. Estamos abertos, a través da principal patronal galega do transporte, APETAMCOR, a todas as empresas e profesionais para reclamar peaxes devengadas antes do 25/06/2018. E, por suposto, a doutrina desta sentenza é aplicábel para calquera tránsito por autoestrada polo que se teña aboada a peaxe e…
Leer máis

BNG Mos presenta as súas emendas aos orzamentos estatais

Mos/BNG | O BNG incluíu, nas emendas presentadas aos Orzamentos do Estado para 2023, unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria e garantir a preservación dos valores naturais do termo municipal de Mos. O deputado no Congreso Néstor Rego explicou, xunto ao concelleiro nacionalista e candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, cinco propostas diferentes que requirirían, no seu conxunto, o investimento de 4,6 millóns de euros por parte do Goberno do Estado. A maior parte das propostas do BNG van dirixidas ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e están orientadas a corrixir algunhas das carencias das vías de titularidade estatal que atravesan o concello. Solicítase, por exemplo, a reforma do acceso á A-55, á AP-9 e á antiga estrada N-120 en Puxeiros, un nó que dista…
Leer máis

BNG A Guarda solidarízase coas traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar

A Guarda/BNG | A portavoz do BNG no Concello da Guarda, Anxo Baz acompañado da concelleira Beatriz Lomba acudiron hoxe a concentración que manteñen desde o 2 de novembro as traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF). No encontro coas traballadoras reiteráronlle o seu apoio ao tempo que lles informaron da moción que veñen de presentar esixindo a Xunta de Galiza que asuma as súas responsabilidades e medie na busca dunha solución para os graves problemas salariais e laborais que afectan as traballadoras. Na moción presentada tamén se insta ao goberno municipal a sacar unha nova licitación ou ben a municipalizar o servizo. A actual está caducada co conseguinte prexuízo para as traballadoras. Segundo os nacionalistas a deixadez da Xunta infrafinanciando unha competencia que non asume e deixándoa nas…
Leer máis

Anxo Baz será o candidato do BNG da Guarda para as municipais 2023

A Guarda/BNG | O BNG da Guarda vén de elexir a Anxo Baz como candidato a Alcaldía por unanimidade. A responsábel local do BNG, Bea Lomba na súa presentación destacou de Anxo Baz que coñece ben os problemas da sociedade guardesa e nestes últimos anos adquiriu a experiencia necesaria para colocar este concello no lugar que lle corresponde. A Guarda leva demasiado tempo parada, desaproveitando oportunidades cando temos un concello que é un diamante en bruto: temos un enorme patrimonio tanto cultural como natural e xente talentosa con grande capacidade de iniciativa. As distintas intervencións que se sucederon na asemblea coincidiron en cualificar a Anxo como unha persoa “dialogante, próxima, amable e humilde, e con capacidade para darlle A Guarda un novo rumbo cun proxecto de goberno para aproveitar todo…
Leer máis