Resultados da búsqueda para: BNG

Homenaxe cívica a Pablo González Mariñas na Coruña

A Coruña | Unha comisión conformada por representantes dos sectores da economía, da política, da universidade e da cultura e a sociedade galega en xeral homenaxearon na Coruña este 8 de xullo a Pablo González Mariñas, quen fora Conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia entre 1987 e 1989 durante o goberno tripartito de Fernando González Laxe, polo seu labor como artífice e construtor do goberno autonómico galego. González Mariñas recibiu unha Homenaxe Nacional "en recoñecemento polo seu legado e contribución ao autogoberno de Galicia". No acto participaron representantes políticos e da sociedade civil, entre eles o ex vicepresidente da Xunta e líder do BNG, Anxo Quintana, o ex conselleiro do PP Xesús Palmou, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e o líder do Bloque na Coruña, Francisco Jorquera,…
Leer máis

Homenaxe nacional a González Mariñas.

Pablo González Mariñas é unha personalidade senlleira na historia política contemporánea de Galicia. Deputado entre 1981 e 1990, voceiro parlamentario de Coalición Galega (1983-1986) e secretario xeral do PNG-PG (1987-1990), foi actor moi relevante da moción de censura de setembro de 1987 e no Goberno tripartito (PSdeG-CG-PNG) que se constituiu de seguido foi conselleiro da Presidencia e voceiro do Goberno. "Na súa gobernanza priorizou a construción nacional e institucional deste país" Na súa gobernanza priorizou a construción nacional e institucional deste país, promovendo a lei de coordinación das deputacións (co seu horizonte posto na provincia única para Galicia) que logo conxelou Fraga Iribarne no 1990. Creou tamén a Escola Galega da Administracion Pública para garantir un emprego público eficaz, moderno e formado dende criterios de país e autogoberno e foi…
Leer máis

PP Ponteareas condena a expulsión de Belén Villar dun pleno municipal

Ponteareas | No pleno municipal do Concello de Ponteareas celebrado este 30 de xuño, a voceira do Partido Popular Belén Villar foi expulsada por indicación da alcaldesa Cristina Fernández Davila e do concelleiro Roberto Mera no momento en que, segundo indicaron fontes “populares”, se discutía o tema da privatización do contrato da auga por parte do goberno BNG-PSdeG/PSOE. O PP Ponteareas manifestou o seu rexeite ante as acusacións da alcaldesa contra Villar de presuntamente “amañar contratos con cargos públicos”. Isto provocou as respostas por parte de Villar pedindo á alcaldesa que retirase esas afirmacións da sesión plenaria aducindo que “non existe ningunha acusación nin condena” na súa contra, polo que considerou as acusacións da alcaldesa como unha “falta de respecto”. Xerouse así un cruce de palabras entre Fernández Davila e…
Leer máis

PP Ponteareas levará a pleno a licitación da EDAR de Moscadeira

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal de o PP levará a debate a nova EDAR da Moscadeira ao pleno do xoves. A intención dos populares é coñecer o estado actual do expediente, despois de que ACUAES publicase os datos da licitación, que quedou deserta. Por outra banda, desde o PP, queren coñecer os motivos reais polos que ningunha empresa ofertou. Barállase a posibilidade de que o investimento destinado polo Ministerio de Transición Ecolóxica sexa insuficiente, polo que os populares solicitan ao pleno que, en caso de ser así, amplíese a cantidade destinada a esta infraestrutura e vólvase a sacar a licitación. "Descoñecemos se teñen que abrir de novo o expediente ou poden volver licitar co xa existente", declararon os populares. "O que está claro é que isto supón un atraso máis…
Leer máis

PP Ponteareas sobre o servizo da auga: municipalización ou privatización

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal de o PP solicitará ao Pleno, unha vez máis, que se realice un estudo económico financeiro en relación á prestación do servizo de abastecemento da auga e depuración de augas residuais no Concello de Ponteareas. Os populares queren que BNG-PSOE, que sempre defenderon a municipalización do servizo e motivo polo que protagonizaron grandes protestas contra Gobernos anteriores,  estuden que fórmula é máis rendible e factible para o Concello de Ponteareas e para os intereses dos veciños. “Non se pode estar 15 anos falando da municipalización da auga e cando toca renovar o contrato facer o contrario. Polo menos que o estuden ou que nos expliquen porqué agora si se privatiza o servizo, como sempre defendeu o PP, e non se municipaliza como esixían en 2015 e…
Leer máis