Resultados da búsqueda para: BNG

ACiP cualifica de “ruinosa” a xestión financeira do Concello de Ponteareas

Ponteareas/ACiP | Na tarde de onte celebrouse un novo Pleno Extraordinario, no que o goberno decidiu comprometer aínda máis o futuro económico da nosa cidade, aprobando un novo crédito bancario que alcanza ós 2.340.000€. Ademais da entidade desta cifra, as condicións do crédito son todavía máis perxudiciais para as arcas municipais ao establecerse o tipo variable. Neste sentido, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas queremos mostrar noso completo desacordo con esta xestión, xa que existe un risco enorme de que esta cantidade aumente de forma abrupta cos intereses bancarios, como sufren, nestes intres, moitos dos nosos veciños nas súas economías domésticas. Como mostra o informe da interventora municipal sobre o presuposto, se a regla de gasto das entidades municipais continúase en vigor, estaríase pondo «en grave perigo a estabilidade orzamentaria» do…
Leer máis

PSOE Tomiño critica convenio coa Deputación de Pontevedra sobre xestión de residuos

Tomiño/PSdeG-PSOE | Na pasada sesión Plenaria celebrada o 29 de setembro, foi aprobada coa maioría absoluta do BNG o punto na orde do día "Ratificación do Acordo de Aprobación do Convenio de Cooperación entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tomiño polo que se regula a encomenda de xestión do servizo de vixianza e inspección en materia de residuos" As socialistas de Tomiño critican que unha vez máis, volta a ser aprobada unha cuestión que afecta directamente a comerciantes e usuaria/os particulares de costas aos mesmos, pois a día de hoxe nin o pequeno comercio nin a veciñanza son coñecedoras desta nova. Na práctica supón un servizo de vixianza e inspección , e en caso de non cumprir á nova lexislación, seremos obxecto de sanción. A voceira…
Leer máis

ACiP denuncia a situación “intransitable” dos aparcadoiros en Ponteareas

Ponteareas/ACiP | Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas queremos denunciar a situación catastrófica na que se atopan todos os aparcadoiros públicos da cidade nestes días. Achegándonos a calquera deles atopamos a mesma estampa, centos de socabóns que fan imposible transitar na búsqueda dun estacionamento baleiro, algúns deles incluso contan cunha magnitude que poderían danar a suspensión ou os baixos dos coches. Un ano máis o equipo de goberno fai gala dunha nula planificación e unha inexistente comunicación que acaba xerando que, ante a imperante chegada das choivas posteriores o verán, todos estes buracos aparcadoiros non fosen reparados en tempo e forma. Nestes intres, tras os centos de prazas de estacionamento que BNG e PSOE fulminaron nos 8 anos de goberno, os ponteareáns e os visitantes vense obrigados a deixar os seus…
Leer máis

Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai

Aldea Global | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, critica que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, viaxe esta fin de semana a Uruguai, -onde manterá un encontro no Centro Gallego de Montevideo-, tras o seu total desinterese pola pervivencia da Casa de Galicia, que sufriu o desmantelamento do seu patrimonio sociosanitario e cultural nos últimos, patrimonio levantado por emigrantes galegos hai máis dun século. “Estamos diante dun caso máis do cinismo de Feijóo, que non moveu un dedo para garantir o mantemento do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo nin se interesou polos colectivos afectados polo seu desmantelamento”, manifesta Ana Miranda. A eurodeputada nacionalista o pasado mes de marzo visitou as instalacións da Casa de Galicia e mantivo diversos encontros cos colectivos de afectados, tanto usuarios como…
Leer máis

PP Tomiño destaca os investimentos no municipio por parte da Xunta de Galicia

Tomiño/PPdeG | Durante o ano 2022 o goberno autonómico realizou un investimento total de 3.059.011 euros en proxectos recentes e en execución, aos que se podería engadir proximamente a partida destinada ao polígono agroforestal en Os Panascos, o cal se atopa en fase de estudo. O pasado mes de maio a Consellería de Infraestruturas asinou un convenio para seguir asumindo a xestión da EDAR durante dous anos cun investimento de 400.000 euros. En materia educativa, acábase de concluír o cambio de luminarias do CEIP Sobrada (54.681 euros), o de carpinterías exteriores do CEIP Pintor Antonio Fernández (66.295 euros) e o de carpinterías exteriores e instalación dun ascensor no CEIP Pedro Caselles (484.000 euros). Tamén se está redactando o proxecto de ampliación do IES Alonso Ríos (cun edificio de 1.300 m2…
Leer máis