ACiP cualifica de “ruinosa” a xestión financeira do Concello de Ponteareas

Toda vez o goberno municipal solicitou un novo préstamo de 2,3 millóns €

Ponteareas/ACiP | Na tarde de onte celebrouse un novo Pleno Extraordinario, no que o goberno decidiu comprometer aínda máis o futuro económico da nosa cidade, aprobando un novo crédito bancario que alcanza ós 2.340.000€.

Ademais da entidade desta cifra, as condicións do crédito son todavía máis perxudiciais para as arcas municipais ao establecerse o tipo variable.

Neste sentido, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas queremos mostrar noso completo desacordo con esta xestión, xa que existe un risco enorme de que esta cantidade aumente de forma abrupta cos intereses bancarios, como sufren, nestes intres, moitos dos nosos veciños nas súas economías domésticas.

Como mostra o informe da interventora municipal sobre o presuposto, se a regla de gasto das entidades municipais continúase en vigor, estaríase pondo «en grave perigo a estabilidade orzamentaria» do Concello de Ponteareas.

Durante a súa intervención plenaria, o portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, sinalou que «esta é unha mostra máis de que fai tempo que o actual equipo renunciou a seguir gobernando. Xa non está ninguén ao volante porque senón non continuarían con este tipo de operacións», ao que engadiu que «a situación é tan caótica que os cidadáns non deixan de preguntarnos canto queda para as eleccións, polo que lles solicito que, fagan como en Vigo co Nadal, e coloquen un letreiro luminoso que diga canto lles queda gobernando, 199 días ou 4799 horas».

A pesar de todo isto, BNG e PSOE continúan a súa dinámica, aproveitar a actual maioría para tapar as carencias da xestión económica con débeda a futuro, sen contar coa oposición a pesar da trascendencia das medidas.