PSOE Tomiño critica convenio coa Deputación de Pontevedra sobre xestión de residuos

Considera que se aprobou sen consultar cos comerciantes e a veciñanza

Tomiño/PSdeG-PSOE | Na pasada sesión Plenaria celebrada o 29 de setembro, foi aprobada coa maioría absoluta do BNG o punto na orde do día “Ratificación do Acordo de Aprobación do Convenio de Cooperación entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tomiño polo que se regula a encomenda de xestión do servizo de vixianza e inspección en materia de residuos”

As socialistas de Tomiño critican que unha vez máis, volta a ser aprobada unha cuestión que afecta directamente a comerciantes e usuaria/os particulares de costas aos mesmos, pois a día de hoxe nin o pequeno comercio nin a veciñanza son coñecedoras desta nova.
Na práctica supón un servizo de vixianza e inspección , e en caso de non cumprir á nova lexislación, seremos obxecto de sanción.

A voceira socialista, Violeta de Santiago, prantexou que é inaceptable traer este convenio ao Pleno, sin ter redactada a ordenanza municipal que regule esta nova situación e que fóra traída dous meses despois da data límite para adherirse.

De Santiago preguntou si o Concello é coñecedor da situación real da xestión do lixo pola/os comerciantes de Tomiño, se se realizou algún estudo ó respecto, si o Concello está disposto a crear un Punto Limpo dunha vez, se se vai proceder a colocación de máis contenedores amarelos. Preguntou si o Concello está en disposición de favorecer a recollida de metais e de lixo electrónico, se tamén as grandes empresas van ser vixiadas e inspeccionadas, si vai ser o Concello quen proporcione os medios para poder reciclar ou será o propio comercio quen estén obrigado a contratar empresas que xestionen os seus residuos, cando están pagando un recibo moi alto por un servizo que, en verbas do propio goberno nacionalista, é “un despiporre”.

A todas estas cuestións, o voceiro do Bloque, manifestou que non podía darlle resposta, porque descoñece os pormenores. É decir, “non sabe, non contesta”. Polo tanto, o goberno nacionalista leva ó Pleno, e aproba en solitario, un punto na orde do día que afecta a toda a veciñanza pero non pode nin sabe respostar ás dúbidas prantexadas pola voceira socialista.

E o que é peor, outra vez pola calada, sen nengunha información nen a transparencia que o pobo merece.