ACiP denuncia a situación “intransitable” dos aparcadoiros en Ponteareas

Ante os centos de socabóns e a falta de planificación municipal

Ponteareas/ACiP | Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas queremos denunciar a situación catastrófica na que se atopan todos os aparcadoiros públicos da cidade nestes días. Achegándonos a calquera deles atopamos a mesma estampa, centos de socabóns que fan imposible transitar na búsqueda dun estacionamento baleiro, algúns deles incluso contan cunha magnitude que poderían danar a suspensión ou os baixos dos coches.

Un ano máis o equipo de goberno fai gala dunha nula planificación e unha inexistente comunicación que acaba xerando que, ante a imperante chegada das choivas posteriores o verán, todos estes buracos aparcadoiros non fosen reparados en tempo e forma.

Nestes intres, tras os centos de prazas de estacionamento que BNG e PSOE fulminaron nos 8 anos de goberno, os ponteareáns e os visitantes vense obrigados a deixar os seus vehículos nestes aparcadoiros. Ademais de trasmitir unha imaxe desastrosa da nosa cidade, pode provocar que os habitantes da contorna prefiran desprazarse a outros núcleos urbanos, causando un prexuízo letal o noso comercio.

O noso portavoz, Juan Carlos González Carrera, cuestiona a xestión da alcaldesa ao preguntarse, “en que situación se encontra a construción dun verdadeiro aparcamento público?”, xa que “no PXOM que aprobaron, e ao que ACiP se opuxo, non existe un só espazo para realizar unha infraestrutura destas características”.

Engade Carrera que “os actuais aparcamentos, pertencen a propietarios privados, que en calquera momento poden desexar facer uso dese espazo, sendo un problema de gran envergadura para o actual goberno e os sucesorios”.

Como ven sendo habitual, este goberno non se move ata que ACiP realiza unha crítica pública, co cal agardamos que despois deste comunicado, acometan o arranxo inmediato de todos os aparcadoiros.