Fernando Ferro presentou dous libros no Liceo de Ourense

Juan Seoane e María Touriño son os autores

Ourense | “Palabras de Pleamar” do poeta Juan Seoane e os contos de María Touriño, “E se nos andamos polas ramas”, editados por Adeshoras, presentáronse en sociedade no Liceo de Ourense coa presenza da artísta Cachito Álvarez. A acollida foi excelente por parte dun público imprescindible e necesario para entender e apreciar a palabra.

O acto foi presentado por Fernando Ferro, ceramista, gravador, ilustrador e exquisito axente de comunicación cultural.

Fernando Ferro converte a linguaxe nun sistema de comunicación, construíndo mensaxes directas, precisos, sabedor das obras que se presentan.

As súas palabras e ideas chegan por unha canle clara e sen redundancias, garantindo así a mensaxe en condicións favorables para ese público atento. Na foto, un momento da presentación dos libros.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.