Resultados da búsqueda para: BNG

Alumnos do Obradoiro Ocupacional de Asprodico puxeron á venda os produtos elaborados por eles

Esta fin de semana, alumnas e alumnos do Obradoiro Ocupacional de Asprodico, puxeron a venda diversos produtos elaborados por eles mesmos, nun posto situado na rúa Oriente, ás portas do Centro Social de Ponteareas. A iniciativa busca, como fin máis importante, que os veciños e veciñas coñezan e valoren o seu traballo incrementando, dese xeito, o seu grao de autoestima persoal. Como fines secundarios, este posto de venda serve tamén para que a veciñanza coñeza un pouco máis sobre o propio centro Asprodico e, finalmente, que coa “ganancia” da venda dos seus produtos, poidan sufragar o xantar de Nadal que teñen pensado realizar o vindeiro xoves, feito que tamén incrementa o seu nivel de autoestima ao poder pagar, co seu traballo, dita actividade. O Obradoiro Ocupacional busca que as 11…
Leer máis

Concerto con motivo do 60ª aniversario da Alianza Francesa de Vigo

O venres ás 20:30h celebrarase no Auditorio do Concello de Vigo o concerto 1Tour2Chants, no que se amosarán composicións e versións de grandes figuras da canción francesa. Este grupo procedente de Lyon, cidade do sureste de Francia, invitanos a descubrir o mundo da canción francesa á súa maneira: coas súas composicións e versións de grandes figuras da canción francesa mesturando as palabras con poesía e simplicidad, Claire, Daniel e Zulian prometen facernos pasar un momento agradable. Prezo: Os socios da Alianza Francesa teñen entrada gratuita, poden conseguila en secretaría a partir do 4 de Xaneiro de 2012. As entradas adicionais para socios e non socios son de 4€ cada unha e poden recollerse en secretaría a partir do 4 de Xaneiro ou en taquilla do Auditorio Municipal de Vigo o…
Leer máis

Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro. Para facer máis amena esta actividade están preparados xogos e métodos para a creación literaria. Así, poderase por exemplo "facer" un poema cambiando só dúas palabras doutro poema base, ou finalizar versos incompletos con palabras que se poderán atopar en caixas de inspiración. Tamén traballase con cancións, que son verdadeira poesía como as creacións de Mamá Cabra ou Pablo Díaz. Os máis cativos da casa…
Leer máis

Tomiño abre a fortaleza ao río Miño

Nesta semana estase a facer a tala dos eucaliptos que impedían visibilizar a fortaleza dende o río Miño e dende Cerveira. O Concello de Tomiño informa que estes días estase procedendo a corta dos eucaliptos que impedían visibilizar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián na súa totalidade dende a outra marxe do río ou mesmo desde a ponte da Amizade. Esta actuación estase a realizar nas propiedades privadas colindantes á fortaleza e a obra de “Recuperación ambientaldo en torno da Fortaleza de San Lourenzo e da Praia de Goián”. A tala destes eucaliptos era unha indicación realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e que figura no seu Plan Director de Fortalezas Transfronteirizas  (FORTRANS). Ademáis era unha demanda de moitos veciños e veciñas e mesmo foi…
Leer máis

Vitaminas para o galego

Os problemas da lingua galega non os pode solucionar unha soa persoa (por moito poder que teña), unha soa organización ou un só medio de comunicación. Por iso propoñemos tecer unha rede de amigos e amigas da lingua galega, construir complicidades entre persoas dispostas a apostar polo noso idioma, homes e mulleres convencidos da necesidade de VITAMINAS para a fala. Trátase de apoiar a campaña VITAMINAS PARA O GALEGO, iniciativa impulsada polos medios de comunicación que utilizan a lingua galega para sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de garantir a transmisión interxeneracional do galego. Por iso, solicítoche axuda para o proxecto VITAMINAS PARA O GALEGO. Pódese materializar nesta páxina: http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego O teu grao de area, a túa axuda é moi importante para os medios de comunicación que usan, practica, difunden…
Leer máis