PP Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor e garantindo o futuro da cultura e a lingua

Xunto ao monumento ao escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal

Ourense | O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal no Xardín do Posío. Un lugar simbólico para conmemorar a data do 17 de maio, rendendo homenaxe a un dos fundadores da Real Academia Galega.

No acto, o presidente da Deputación, Luís Menor Pérez puxo de manifesto o compromiso dos populares co galego, “axudando a dar voz aos nosos artistas, actores, escritores e pensadores”, e asegurou que “a cultura e a nosa lingua si teñen futuro”.

Tres membros da organización xuvenil Novas Xeracións de Ourense deron lectura aos poemas A estación, Cidade alta e A amizade de Luisa Villalta, a escritora á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Para finalizar, a presidenta da Xestora Local do Partido Popular, Victoria Núñez, fixo lectura dun poema de Rosalía de Castro, a primeira escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas e cuxa celebración leva a data da publicación do seu libro «Cantares Gallegos» (17 de maio de 1863)

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.