Tomiño abre a fortaleza ao río Miño

Nesta semana estase a facer a tala dos eucaliptos que impedían visibilizar a fortaleza dende o río Miño e dende Cerveira.

 O Concello de Tomiño informa que estes días estase procedendo a corta dos eucaliptos que impedían visibilizar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián na súa totalidade dende a outra marxe do río ou mesmo desde a ponte da Amizade. Esta actuación estase a realizar nas propiedades privadas colindantes á fortaleza e a obra de “Recuperación ambientaldo en torno da Fortaleza de San Lourenzo e da Praia de Goián”.
A tala destes eucaliptos era unha indicación realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e que figura no seu Plan Director de Fortalezas Transfronteirizas  (FORTRANS). Ademáis era unha demanda de moitos veciños e veciñas e mesmo foi plantexada na última reunión do Foro Fortaleza do 26 de setembro por varias membros entre eles as autoridades da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
A apreciación da obra que se ten levado a cabo sobre este Ben de Interese Cultural (BIC) ten sido xestionado dende o Concello de Tomiño ante os veciños propietarios das fincas, os cales en todo momento se mostraron moi receptivos ante a iniciativa. O concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, e o presidente da Comunidade de Montes de Goián, Martín González, foron os encargados da tramitación oportuna. Así conseguiron a respectiva autorización de Consellería do Medio Rural por estar no en torno de Rede Natura e elaboraron un concurso de ofertas entre varios madereiros para efectuar a tala dos eucaliptos.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, declaraba  que“ dende o Concello de Tomiño queremos expresar o noso agradecemento e comprensión que tiveron os propietarios das fincas colindantes. Grazas a Clementina Ozores e aos irmáns Javier e Antonio Crespo, donos das fincas, pola súa implicación así como a do presidente da Comunidade de Montes, Martín González. Esta colaboración é fundamental porque vai permitir abrir a fortaleza ao río e así faremos visible o noso patrimonio e melloramos a nosa paisaxe”.