Resultados da búsqueda para: BNG

Moody's sitúa en perspectiva negativa a Galicia

Madrid, 12 ene (EFE).- A axencia de medición de riscos Moody's situou en perspectiva negativa a Galicia, do mesmo xeito que a outras 11 comunidades autónomas e entidades locais, e rebaixou dous chanzos a cualificación da Comunidade Valenciana polos seus problemas de liquidez e as súas dificultades para financiarse. Nun comunicado, Moody's explicou hoxe que coloca en revisión para unha posible rebaixa a doce organismos e entidades públicas rexionais: o País Vasco, o Consorcio de Transportes de Vizcaya, as Diputaciones Forales de Guipúzcoa e Vizcaya, e as comunidades autónomas de Galicia, Madrid, Estremadura, Andalucía, Castilla e León, Murcia, Cataluña e Castilla-A Mancha. En canto á cualificación da Comunidade Valenciana, queda situada nun nivel Ba3, que se pode cualificar de "bono lixo", que implica que a súa calidade crediticia é cuestionable,…
Leer máis

Volven os Domingos do Principal

O Teatro Principal volverá a acoller unha nova edición de Domingos do Principal que comezará o vindeiro 22 de xaneiro e rematará o próximo 25 de marzo. A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou hoxe a nova programación que contará coa presenza de nove espectáculos pensados para nenos de idades a partir de tres anos. Anxos Riveiro destacou que se trata dun programa cun grande éxito de participación o que obrigou a duplicar as funcións, facendo unha de mañá a partir das 12.00 horas e outra de tarde, a partir das 18.30 horas. Son representacións "de grandísima calidade da man das mellores compañías de teatro de todo o Estado". Os abonos están á venda dende hoxe, 11 de xaneiro e ata o vindeiro 18 de xaneiro. A partir do día…
Leer máis

Isaac Diaz Pardo

De Isaac Díaz Pardo, conservador libertario –como el dicía, se poden destacar aínda ben calidades á marxe das estritamente artísticas e literarias. Foi dunha xeración de xentes de ben, dos que todos temos moito que aprender. Xeración única e irrepetible no amor a Galiza. Algunhas desas, as calidades humanas, xa son moi escasas no común da xente e, peor aínda, nos tempos que corren. Por exemplo a súa humildade, o seu nulo interese polo protagonismo, o seu enxeño creador e imaxinativo sempre desbordado para lograr algún obxectivo común, a súa portentosa memoria, a súa amizade e nobreza, a súa fascinante conversa, o encantamento das ideas, a súa integridade e coherencia, ... e moitas máis que non caberían aquí. Pero eu quixera gardar e salientar, sobre de todas elas, a de…
Leer máis

Telefonía, electricidade e servizos bancarios, as reclamacións dos usuarios da OMIC

A Oficina Municipal de Información ao consumidor de Ponteareas (OMIC) atendeu durante o período de novembro do 2010 a novembro do 2011, un total de 2.149 consultas das que un 85% realizáronse de xeito presencial nas propias dependencias da OMIC, un 11% a través do teléfono e o restante 4% a través do correo electrónico. No que fai referencia ás reclamacións dos usuarios, segundo o informe de actividade presentado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, tramitáronse un total de 215 das que resolvéronse 177 o que supón algo máis dun 82%, estando en trámite e pendentes de resolución un total de 38 reclamacións. As reclamacións relativas a servizos de telefonía (115) son as que acapararon a meirande parte das tramitacións realizadas dende a OMIC, seguidas moi de lonxe polas…
Leer máis

Converxencia XXI opónse á recentralización económica

Esta xente confunde a mala xestión, que por certo fixeron os seus propios compañeiros de partido, coa necesidade de autoxestión: 'Ante as verbas do Ministro de Economia español Luis de Guindos, nas que deixa ben ás claras a sua intención de controlar os orzamentos das Comunidades Autónomas, non podemos máis que reaccionar con un firme rexeitamento ás suas declaracións, claramente focadas á subordinación das autonomias e non a boa praxe na xestión económica. Foi o papel irresponsable que xogou o Estado español nestes últimos anos determinante no nacemento e agravamento da crise económica que estamos a sofrer, non o das Comunidades Autónomas, que ademais teñen garantida a súa independencia orzamental pola propia Constitución Española de 1978. Se ben desde a Unión Europea se visa intervir en casos de irresponsabilidade manfiesta…
Leer máis