• Segue conectado
  • |

Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia
Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro.
Para facer máis amena esta actividade están preparados xogos e métodos para a creación literaria. Así, poderase por exemplo “facer” un poema cambiando só dúas palabras doutro poema base, ou finalizar versos incompletos con palabras que se poderán atopar en caixas de inspiración. Tamén traballase con cancións, que son verdadeira poesía como as creacións de Mamá Cabra ou Pablo Díaz.
Os máis cativos da casa poderán deste xeito ter contacto coa poesía e incluso ser eles mesmos os que interpreten e realicen algunhas das creacións máis fermosas da nosa literatura.

Publicado o 12 Xan 2012 en Cultura, Vigo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies