Resultados da búsqueda para: BNG

Telefonía, electricidade e servizos bancarios, as reclamacións dos usuarios da OMIC

A Oficina Municipal de Información ao consumidor de Ponteareas (OMIC) atendeu durante o período de novembro do 2010 a novembro do 2011, un total de 2.149 consultas das que un 85% realizáronse de xeito presencial nas propias dependencias da OMIC, un 11% a través do teléfono e o restante 4% a través do correo electrónico. No que fai referencia ás reclamacións dos usuarios, segundo o informe de actividade presentado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, tramitáronse un total de 215 das que resolvéronse 177 o que supón algo máis dun 82%, estando en trámite e pendentes de resolución un total de 38 reclamacións. As reclamacións relativas a servizos de telefonía (115) son as que acapararon a meirande parte das tramitacións realizadas dende a OMIC, seguidas moi de lonxe polas…
Leer máis

Converxencia XXI opónse á recentralización económica

Esta xente confunde a mala xestión, que por certo fixeron os seus propios compañeiros de partido, coa necesidade de autoxestión: 'Ante as verbas do Ministro de Economia español Luis de Guindos, nas que deixa ben ás claras a sua intención de controlar os orzamentos das Comunidades Autónomas, non podemos máis que reaccionar con un firme rexeitamento ás suas declaracións, claramente focadas á subordinación das autonomias e non a boa praxe na xestión económica. Foi o papel irresponsable que xogou o Estado español nestes últimos anos determinante no nacemento e agravamento da crise económica que estamos a sofrer, non o das Comunidades Autónomas, que ademais teñen garantida a súa independencia orzamental pola propia Constitución Española de 1978. Se ben desde a Unión Europea se visa intervir en casos de irresponsabilidade manfiesta…
Leer máis

Luísa Márquez e Xuntos, premios Cidade de Pontevedra 2012

O xurado cualificador dos premios Cidade de Pontevedra acordou esta mañá conceder estes galardóns á: Persoa física: Luisa Márquez Rodríguez a proposta da Asociación de nais e pais do IES Luís Seoane de Monte Porreiro. Entre os méritos que glosa a proposta destaca: “A profesora Luisa Márquez desenvolve o seu labor profesional o IES Luís Seoane dende hai 21 anos. Ademais do seu labor profesional, neste centro encárgase deste xeito estable de dúas actividades fundamentais para o centro: o comité UNESCO e o grupo de teatro “Fiuncho”. O seu labor é moi intenso durante os últimos 19 anos, ao longo dos cales ten acumulado moitos premios e recoñecementos. Entre eles, salientar o premio Marta Mata do Ministerio de Educación. Son numerosos os relacionados coa súa actividade nas Escolas da UNESCO.…
Leer máis

Firma do convenio co Ateneo "Sta. Cecicia"

Na mañá de onte o Alcalde de Marín, Francisco Veiga como presidente do Padroado de Cultura do Concello, xunto co actual presidente do Ateneo Santa Cecilia Manuel Rodríguez Igrexas, asinaron o convenio correspondente ao ano 2011 por un importe total de 6.000 €, co obxectivo de que a entidade dispoña de financiamiento para levar a cabo as actuacións e festejos (festa dos Maios, certamen de corales, Enterro da Sardina, Danza de Espadas…) que ao longo do ano vai organizando e coas que se pretende colaborar desde o consistorio.
Leer máis

O Goberno Local rexeita a existencia dunha “persecución” contra a empresa Ecocelta

NOTA DE PRENSA Respecto ás novas aparecidas na prensa en relación coa empresa Ecocelta e a intención desta empresa de “tramitar unha querella criminal contra o alcalde de Ponteareas por un presunto delito de prevaricación” o alcalde ponteareán quere matizar o seguinte: O Concello de Ponteareas, no seu momento, concedeulle unha licencia provisional de actividade a Ecocelta de cara a non entorpecer a súa actividade empresarial e que esta puidera acceder ás axudas que a administración autonómica outorgaba a este tipo de actividades. Feito este que amosa con toda claridade que non existiu, en ningún momento, ningún tipo de traba nin entorpecemento para que dita empresa comezase a súa actividade. O “suposto delito de prevaricación” ao que fai referencia á empresa, daríase no caso de que o alcalde non fixera…
Leer máis