XXIII Festival de Bandas de Música de Xinzo

Homenaxe aos Fundadores da Banda de Música de Xinzo

Bandas

Ponteareas/Xinzo | O vindeiro domingo 14 de maio de 2017, ás 17h no torreiro de festas de Xinzo (Ponteareas) terá lugar a vixésimo terceira edición do Festival de Bandas de Xinzo, nesta ocasión adicado á Memoria Histórica. A Banda de Música Xuvenil de Xinzo fará unha homenaxe aos Fundadores da Banda de Música de Xinzo (finais do século XIX).

Ademáis, exporase o traballo “Historia musical bandística de Xinzo. Catalogación do arquivo musical da Banda de Música Xuvenil de Xinzo”, Traballo de Fin de Máster de Artes Escénicas (Universidade de Vigo) de Libertad García Souto, Titulada Superior en Música na especialidade de clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e integrante da Banda de Música Xuvenil de Xinzo dende os oito anos de idade.

Como é habitual, o Festival de Bandas contará coa presenza de dúas agrupacións convidadas, sendo este ano a Agrupación Musical de Vincios e a Banda de Música Xuvenil de Torroso, que compartirán esceario coa agrupación anfitrioa.

Outros artigos