
Natural de Vigo e militar de carreira, Rubén Gil é, xunto con Noelia Gil, fundador de Vig-Sec Drone, unha empresa tecnolóxica creada en 2019 con sede no Parque Tecnolóxico do Porto do Molle en Nigrán. A empresa, capacitada para o despliegue da plataforma de Defensa, Emerxencias e Seguridade do Estado, vén de ser seleccionada entre 15 proxectos a nivel mundial para labores de defensa da OTAN a través da plataforma DIANA (Defence Innovation Accelerator for the North Atlantic)
Comecemos falando de Vig-Sec Drone. Cando se crea? Cales son os seus servizos?
A empresa foi fundada en 2019 pero comezou a súa actividade a partir de 2022. Vig-Sec Drone é unha empresa tecnolóxica que leva a cabo unha plataforma de actuación no espazo aéreo (Suite ACRE) que permite a utilización de drones, avións e equipos de detección de drones non permitidos (C-UAS). Tamén realizamos servizos de formación para pilotos especializados en situacións de emerxencias e outros servizos de apoio a axencias para uso de drones en tarefas de seguridade e emerxencias.
Con qué países está comercializando?
Actualmente estamos comercializando con España, Portugal, Estonia, Eslovaquia e Bulgaria.
A empresa ven de ser seleccionada pola OTAN para participar na plataforma DIANA. Cal será o seu rol?
En xaneiro pasado entramos na aceleradora DIANA tras ser seleccionados entre as 15 empresas máis disruptivas tecnoloxicamente con capacidade para prover servizos a países membros da OTAN. Entre xaneiro e xuño comezamos a traballar nunha primeira fase, a Mission Track, na que presentaremos a nosa tecnoloxía aos diferentes ministerios de defensa da OTAN. Actualmente estamos participando en exercicios internacionais REPMUS26 de sistemas non tripulados da OTAN en Troia (Portugal), coa finalidade de activar estes demostradores tecnolóxicos para que a OTAN poida adaptalos. Pretendemos igualmente transformar este desenvolvemento en vendas.

Nunha nota de prensa, Vde. comentaba que “en Defensa nos atopamos cun reto cada vez máis habitual para protexernos de drones que poden resultar unha ameaza”. Como observa o panorama global ante as recentes tensións xeopolíticas?
A día de hoxe existen tensións tecnolóxicas e estratexias xeopolíticas orientadas a probar as defensas nas fases de disuasión e de ataque. Por tanto, Vig-Sec Drone busca dotar de tecnoloxía para a defensa tanto na fase de disuasión como ante calquera ataque.
Que outros proxectos ten Vig-SecDrone en marcha?
Estamos concentrados no noso proxecto de plataforma Suite ACRE, que é o cerebro da empresa. Entre os nosos obxectivos están fortalecer a defensa; atender as situacións de emerxencias contra incendios, sendo a primeira capa para helicópteros así como labores de monitorización; protección de infraestruturas críticas; e capacidade de resposta ante calquera tipo de ataque.





