• Segue conectado
  • |

Unha Feira de Empresas pon o broche final este sábado á Feira de Emprego «Ecoimaxín» na Guarda

A Guarda | Este sábado día 26 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a xornada de peche da Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contou cunha ampla programación na que se incluíron charlas e conferencias de especialistas do sector, que achegaron aos asistentes todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna, contando coa participación de Biosenza, Hara, Monoke, O Eixido dos Tendeiros, O Peirao, Trigo y Limpio e Xe-Mente.

Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.

A Feira do Emprego e Formación chegou un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes tiveron a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.

Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA ECOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

Xoves 24 de outubro

9:30h Presentación e apertura das xornadas
10:00h-12:00h Cápsulas formativas:
Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).
Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público
Responsabilidade Social nunha gran empresa: Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, Responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.

Venres 25 outubro
10:00h-12:00h Cápsulas formativas:
Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) .
Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público
Porque non hai un planeta B, marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia.

Sábado 26 de outubro
10:00h-14:00h Feira de Empresas
Presentación do portal de Emprego da Guarda a cargo dos responsables municipais do programa www.empregonarede.gal
12:00- 13:00 horas presentación empresas eco da contorna: Albergue O Peirao, Proxecto Xe-Mente, O Eixido dos Tendeiros, Biosenza e máis por confirmar.

Publicado o 25 Out 2019 en A Guarda, Axenda.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies