• Segue conectado
  • |

Todo listo para a celebración da III Feira do Pan do Porriño

O Porriño | Todo está xa preparado para a que será a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito e que, como todos os anos conta co patrocino do Concello do Porriño, por medio da Concellería de Comercio que dirixe Marcelino Coto.

O programa desta edición abrague unha importante variedade de propostas, entre elas maridaxes, show cooking, convinación do pan con produtos da zona, obradoiros para nenas e nenos, música e, coma novidade, o 1º Certame ‘ Empanadas no Ring’, un concurso pensado para para coñecer cal é a mellor empanada das parroquias da vila- Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, Porriño ou Torneiros-.

Os interesados e interesadas en participar neste concurso poden inscribirse, de balde, ata o vindeiro mércores 30 de maio, mandando un correo ao enederezo electrónico comunicacion@acipor.es. O mesmo debe conter o nome de 5 integrantes do equipo que se presenta e o teléfono do ‘capitán ou capitana’ do mesmo, para poder comunicarse coa organización.

O programa da Feira empezará o venres, día 1, ás 7 da tarde, coa apertura da mesma e a degustación, gratuita, de 200 racións de pan, xamón e cerveza artesán.

O sábado, día 2, os 15 postos da Feira, formados por 8 panaderías- Argibay, Amaquía, O Forno de Mosende, Chinchina, Panadería Torneiros, Los Milagros, Erundina e O Progreso- e 7 de diferentes produtos, coma marmeladas, cervexas, embutidos, viño, licores, mesmo o famoso Requeixo de As Neves, abrirán ás 10 da mañá.

Ás 10 e media será o momento da ‘Animación na rúa’, coa actuación da Charanga OT. A mesma dará paso, ao mediodía, ao pregón, que este ano será a cargo da cociñeira porriñesa Marta Rodal, que compaxina o seu posto de directora da Escola de Cociña ‘O Xogo da Ola’, co traballo no Restaurante Jorge Lorenzo. No mesmo tmén intervirán o concelleiro de Comercio, Marceino Coto, e a alcaldesa, Eva García de la Torre.

Ás 12:30 horas empezará o show cooking ‘Maridaxes do Pan do Porriño con produtos artesáns’, a cargo das alumnas e alumnos da Escola EFA A Cancela.

Xa pola tarde, ás 5, empezará a xornada do ‘Mini Pan’ co obradoiro infantil no que as cativas e cativos aprenderán a facer pan; ás 7 da tarde coñeceranse as gañadoras e gañadores do Certame ‘Empanadas no Ring’ e ás 9 da noite será a clausura da edición da Feira do Pan deste ano.

Publicado o 23 Mai 2018 en Axenda, Gastronomía, O Porriño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies