• Segue conectado
  • |

Tapearte, a ruta de tapas a 2 € en 23 locais da Guarda

A ruta celebrarase durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño. Atendendo as suxestións dos participantes en edicións pasados amplíase o horario de 12.00-14.00 e de 19.00-22.00.

tapearte

A Guarda | Presentouse na Casa dos Alonsos a quinta edición da ruta “Tapearte” que naceu en 2013 vinculada a elaboración das Alfombras florais do Santísimo.
A esta presentación asistiron o alcalde Antonio Lomba Baz, a Concelleira de Turismo Montserrat Magallanes e a maior parte dos hosteleiros que amosaron as súas propostas nunha gran mesa. O Alcalde na súa intervención destacou a calidade das tapas que é a mostra do bo facer da nosa hosteleria. Tamén indicou que aumentou o número de establecementos e nesta edición son 23 restaurantes e bares os que ofrecerán a tapa a 2 € (sen consumición).

Pola súa banda, a Concelleira de Turismo resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis. Ademais dende a primeira edición a ruta foi crecendo tanto nas datas como no seu formato grazas a boa acollida desta ruta. Para rematar indicou que nesta edición se adiantou o comezo para o peche coincidise coa celebración das Alfombras florais do Santísimo o domingo 18 de xuño.

Polo tanto, a ruta celebrarase durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño. Atendendo as suxestións dos participantes en edicións pasados amplíase o horario de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.
Na ruta participan 23 restaurantes e bares do Concello da Guarda e cada un ofrecerá a súa proposta a un prezo unitario de 2 €. A consumición non está incluída neste prezo. Ademais buscase potenciar o concepto de ruta polo que os participantes disporán dun pasaporte co relatorio dos establecementos adheridos.

Para fomentar a elaboración de tapas de calidade entre os establecementos adheridos organízase o Concurso da Mellor Tapa de TAPEARTE 2017. Os participantes serán os responsables de valorar as tapas e coas súas puntuacións serán os que escollen o establecemento que elabore a mellor tapa. As tapas valoraranse de 1 a 6, sendo 6 a maior puntuación. Tamén se recoñecerá ao establecementos que ofreza o maior número de tapas.

E os participantes tamén poderán optar a agasallos por participar na ruta. Haberá un premio directo aos entreguen o pasaporte con un mínimo de 15 selos, o premio é un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró e terán que recollelo na Oficina de Turismo. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados nas urnas e que conteñan os datos de contacto completos e un mínimo de 7 selos. Haberá urnas para depositar os pasaporte nos establecementos adheridos e na Oficina de Turismo do Concello.

O evento de hoxe permite promocionar a ruta nos medios de comunicación e nas redes sociais. Ademais nesta edición fíxose un esforzo na campaña de difusión con cuñas publicitarias en varias emisoras de radio e colocáronse dúas vallas publicitarias en Tui e Vigo.

Unha vez presentadas as tapas agora tan só hai que decidir cal é o primeiro establecemento onde comezar a ruta.

Publicado o 19 Mai 2017 en A Guarda, Axenda, Gastronomía.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies