Salceda, pioneira no servizo de pedagoxía de 6 a 12 anos

Cunha nova metodoloxía baseada nun enfoque terapéutico lúdico, activo e individualizado

Salceda de Caselas | O Concello inicia unha nova etapa do servizo pioneiro de pedagoxía, logo da xubilación da anterior pedagoga-logopedista. A nova técnica encargada deste servizo é Enma, quen traballará cunha nova metodoloxía baseada nun enfoque terapéutico lúdico, activo e individualizado. Realizará o seu labor no primeiro andar do centro de servizos sociais, na rúa Compostela.

Salceda é un concello pioneiro en Galicia en ofrecer este servizo gratuíto que cubre o que a educación formal ou a sanidade pública non alcanzan. Moitos concellos contan con servizo de atención temperá para o proceso de desenvolvemento durante a primeira infancia entre os cero e os seis anos, pero no caso de Caselas amplíase a cobertura ás familias cunha pedagoga que atende a menores ata os 12 anos de idade. Para acceder é preciso que se realice a derivación dende pediatría ou dende o departamento de orientación dos centros de ensino.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.