Ribadumia abrirá ao público a súa Piscina Municipal

A partir deste sábado 10 de xullo

Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa de que o próximo sábado día 10 de xullo abrirá ao público a Piscina Municipal, tendo en conta sempre os protocolos, medidas e restricións establecidas para control COVID.

Todos os interesados poden acudir á Casa Consistorial a renovar ou solicitar o seu carné de acceso. Con este documento, as taxas polo uso da piscina serán de 1€ para toda a tempada para os veciños e veciñas de Ribadumia.

No caso dos residentes noutros concellos, o importe ascenderá a 30€ ao mes para nenos e nenas ata os 9 anos e 50€ por mes a partir dos 10. En caso de non ter a credencial, os pequenos de ata 9 anos poderán acceder ás instalacións por 1,50€ ao día, 3€ no caso dos maiores desta idade.

“Para solicitar o carné, os usuarios deberán aportar unha fotocopia do DNI, dúas fotos tamaño carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, a súa dirección actual e un número de teléfono”

Para solicitar o carné, os usuarios deberán aportar unha fotocopia do DNI, dúas fotos tamaño carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, a súa dirección actual e un número de teléfono.

A piscina, situada nas instalacións náuticas de Cabanelas, contará co mesmo horario de 15:00 a 21:00 horas tódolos días da semana. Aínda que contará coa pertinente vixilancia de socorristas, os menores de 10 anos deberán ir sempre acompañados dun adulto.

Todos aqueles que precisen máis información, poden consultar o regulamento na plataforma online do Consistorio (omeuconcello.ribadumia.org) no “Portal de transparencia”, apartado de “normativas, taxas e impostos”; chamar ao 986 71 84 91, ou achegarse ás oficinas do Concello, de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas ou sábados de 9:00 a 13:00 horas.

Reservas para o Imserso
O Concello de Ribadumia tamén aproveitou para recordar ós seus veciños que está aberto o prazo de inscrición para a reserva de viaxes destinados á Terceira Idade para a tempada 2021/2022.

Os requisitos para acceder a este programa son os seguintes:

Maiores de 65 anos
Pensionistas de xubilación
Pensionistas de viudedade con 55 ou máis anos de idade
Pensionistas de invalidez, outras pensións ou prexubilados con 60 anos cumpridos.

O/a cónxuxe do/a solicitante non terá que cumprir estes requisitos. E tamén se admitirá como acompañante a un fillo/a cun grao de discapacidade igual ou superior ó 45%.

Para máis información poden dirixirse ós Servizos Socias do Concello de Ribadumia ou nos teléfonos 986718491/99 de luns a venres de 9 a 14 horas.