Redondela e a Asociación Érguete renovan o seu plan para a prevención de adiccións en menores

No último semestre beneficiou a 300 menores e as súas familias

Redondela |  O Concello de Redondela e a Asociación Érguete continúan traballando na prevención de adiccións nos e nas menores do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Educación, Olga García, e a edil de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, reuníronse coa coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, e a responsable da Oficina Técnica de Prevención de Érguete, Laura Durán, para analizar resultados e planificar as accións a realizar durante este novo curso.

O plan preventivo de Redondela conta coa colaboración da Asociación Érguete dende fai varios anos, e conta coa financiación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Xa son moitos e moitas as menores e as familias que participaron en actividades coa entidade.

Só no último curso máis de 300 menores e as súas familias. A alcaldesa destaca estas cifras como unha mostra do “bo traballo que se está a facer”, ao tempo que incide na “necesidade de seguir traballando no campo das adiccións para aportar ferramentas á veciñanza contra unha problemática tan grave”. As formacións que se van impartir este ano nos centros educativos de Redondela xiran, entre outros, nas apostas deportivas e no xogo online.

Os programas estarán destinados tanto ao alumnado como ó profesorado dos distintos centros educativos do Concello e seguirase traballando coas familias en diferentes charlas que se impartirán ao longo do curso.

A coordinadora da Asociación Érguete quere agradecer ao Concello de Redondela “a súa implicación coas nosas propostas”, e está convencida que este tipo de políticas preventivas son as “máis axeitadas para traballar no ámbito das adiccións”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!