PP Ponteareas denuncia os danos no ascensor da Residencia de Maiores

Leva semanas sen funcionar e sen mantemento
Na Residencia de Maiores de Ponteareas, o ascenso leva semanas sen funcionar, dificultando a mobilidade dos seus usuarios.

Ponteareas/PPdeG |  O Grupo Municipal do PP denuncia o estado de abandono no que se atopa actualmente a Residencia de Maiores, na que o ascensor leva semanas avariado sen que ninguén realice mantementos para poñelo en marcha.

“Os usuarios levan semanas sen poder facer uso do ascensor do centro, coa limitación de mobilidade que isto supón, tanto nas tarefas diarias dos maiores como comer ou cear que o fan na planta baixa, como no illamento que lles supón ao non poder saír das súas habitacións, ou a dificultade do persoal para levalos ao Centro de Saúde cando é necesario.

A maiores tivemos acceso ao expediente sancionador polo que o Concello tivo que pagar 10.000 euros de sanción e manifesta un deixamento de funcións total por parte do bipartito”.

O PP advirte que o centro, que ten máis de 35 anos, require unha serie de melloras que foron xa advertidas ata en tres ocasiones pola Xunta de Galicia, e que seguen sen acometer.

“Ata tres avisos recibiron antes de que se impuxese a sanción. Contan cun chan e mobiliario danado, problemas co plan de evacuación e emerxencia, que parece non puxeron en marcha e que tampouco foron capaces de realizar un ensaio de simulacro”, comentaron dende o PP de Ponteareas.

Cousas esenciais que poderían liquidar e ás que o bipartito se ha limitado a responder que o ‘centro ten 35 anos e que o que hai deteriorado é debido ao uso’, non asumindo ningún tipo de responsabilidade na mellora e mantemento deste servizo que é de competencia municipal, advirten os populares.   O PP lamenta que o deixamento do bipartito estea a levar ao peche e diminución de servizos esenciais como son a escola infantil, o Auditorio e agora a Residencia de Maiores.