Ponteareas presenta a terceira edición da Semana das Ciencias

A concelleira de Ensino adianta que esta nova edición xirará arredor da ciencia e o medio ambiente

Ponteareas | A concellería de Ensino do concello de Ponteareas, que dirixe a nacionalista Cristina Fernández, presenta xunto ao Alcalde Xosé Represas e as directivas dos centros escolares a terceira edición da Semana das Ciencias.

Do vindeiro dia 9 ao 13 de abril, en Ponteareas congregaránse expertos científicos que trasladarán a importancia do coñecemento cientifico no desenvolvemento diario da vida á comunidade escolar.

Esta nova edición xirará entorno á ciencia no medio ambiente, mesas redondas, charlas, expositores, seminario para profesorado, congreso de alumnado, museo científico e moitas máis actividades que nos achegarán proxectos prácticos que se desenvolven actualmente.

A ciencia sairá á rúa unha vez máis ocupando espazo público para achegarse á veciñanza. Tamén se trasladará ao auditorio e aos centros escolares incorporando este ano, como novidade, o seminario para profesorado que se desenvolverá no convento de Canedo.

A ciencia inunda Ponteareas na segunda semana de abril

A concelleira Cristina Fernández destaca a necesidade de descubrir a importancia da ciencia na vida diaria e amosar os proxectos descoñecidos que son de vital importancia para a sociedade.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!