Resultados da búsqueda para: BNG

España nunca cumpre connosco.

NAS democracias liberais teñen unha nomeada trascendencia os debates e aprobacións, no seu caso, das leis fiscais e de orzamentos, porque esta caste de actos parlamentarios representan a decisión da cidadanía a respecto dos tributos que se lle van esixir –como se distribúe o esforzo cidadán a respecto do ingreso público– e de como se vai gastar ese diñeiro que ven da cidadanía. Porén, hai bastante tempo que na limitada democracia española o debate orzamentario non fixa as prioridades de gasto, tendo en conta as amplas facultades do Goberno do Estado para decidir con ampla marxe de discrecionalidade o destino de determinados fondos públicos. E a cuestión faise aínda máis grave no que atinxe ao efectivo investimento dos fondos estatais destinados a Galicia. En realidade, a historia dos sucesivos orzamentos…
Leer máis

Mondariz achega o seu maior investimento público en iluminación LED

Mondariz | En conxunto, os catro proxectos de aforro e eficiencia enerxética chegan ao millón e medio de euros e representan o maior investimento público feito no Concello de Mondariz en décadas. Están cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e, unha vez executados, suporán un importante aforro do 70% na factura eléctrica municipal. O primeiro dos catro proxectos do Concello de Mondariz para mudar a LED toda a rede municipal de alumeado público e aforrar até un 70% na factura eléctrica municipal xa está en proceso de licitación, e os tres restantes sairán a concurso público durante ese mes para cumprir cos prazos establecidos. En conxunto, estes proxectos de aforro e eficiencia enerxética representan o maior investimento público feito no Concello de Mondariz en décadas: chegan ao millón…
Leer máis

Ponteareas amplía a súa rede de calor con biomasa

Ponteareas | Ponteareas continúa apostando pola innovación e a sustentabilidade no eido enerxético. O Concello vén de sacar a licitación as obras de ampliación da rede de calor pública, coa que se busca chegar e abastecer a edificios de titularidade municipal, incrementando e optimizando a potencia de produción dispoñíbel. “Con esta nova iniciativa estamos dando novos pasos para facer de Ponteareas unha vila máis verde e sustentábel, xa que esta ampliación permitirá substituír en novos edificios o subministro de gasoil ou electricidade por biomasa de lasca producida en montes próximos, xerando aforro enerxético, investindo na contorna, fomentando o emprego local, aproveitando os nosos recursos naturais, reducindo o risco de incendios e garantindo unha contaminación cero”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila. Coa ampliación 2 da fase I da rede pública…
Leer máis

Adxudicada a redacción do proxecto da depuradora de Moscadeira en Ponteareas

Ponteareas | O consello de administración de Aguas de las Cuencas del Estado, ACUAES, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, adxudicou por 8 millóns de euros o contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora da estación depuradora da Moscadeira. Entre as catro ofertas presentadas, ACUAES seleccionou finalmente á UTE Pesa Medioambiente S.A. – S.A. de obras y servicios, COPASA. A partir de agora o prazo previsto para que Ponteareas conte coa nova depuradora é de 30 meses, xa que inclúe cinco meses para a redacción do proxecto construtivo, 19 meses para a execución de obra e outros 6 meses para a posta en marcha das instalacións. Cun investimento total de 14,1 millóns na depuradora e os colectores,…
Leer máis

Inclusión vs división.

O BNG enfronta este 25-S o seu 40 aniversario no momento no que se lle albiscan, interna e externamente, as mellores expectativas, sendo cada vez máis xente a que pensa que Ana Pontón pode presidir o Goberno que saia das vindeiras elección nacionais. Unhas eleccións, porén, que poderían coincidir coas estatais na fin do 2023, o que, con todas as reservas, semella un elemento que podería favorecer ao PP. "O BNG enfronta este 25-S o seu 40 aniversario no momento no que se lle albiscan, interna e externamente, as mellores expectativas" Mais o primeiro chanzo a enfrontar pola organización liderada por Ana Pontón é o de consolidar os seus gobernos locais e avanzar substancialmente nas cidades e vilas galegas nas eleccións municipais do vindeiro maio. E isto vai depender de…
Leer máis