Proxecto A Terra para dinamizar A Limia

A Deputación de Ourense cede sete parcelas na Lagoa de Antela

Ourense | A Deputación de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia veñen de asinar un convenio de colaboración polo que a institución provincial cede o uso de sete inmobles e parcelas rústicas que posúe na Finca da Antela.

O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia-Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, foron asinaron o documento que contempla dita cesión de uso.

O pleno da institución provincial do pasado mes de xaneiro aprobara a cesión ao GDR Limia-Arnoia do uso de sete parcelas que a Deputación de Ourense posúe na Lagoa de Antela, cunha superficie de 49,4 hectáreas, para a execución do proxecto Aterra (Fondo de Terras), para solucionar a demanda de terreos agrícolas na Limia e recuperar terras en desuso para dinamizar o territorio.

Tal e como quedara de manifesto de aquela e agora se reflicte no convenio asinado, a duración desta cesión será ata a finalización do proxecto e, en todo caso, aos 25 anos da formalización da aceptación da cesión de uso.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.