
Tui | A Ribeira de Caldelas acolleu as “Olimpíadas Senior” coa participación das 165 persoas maiores de 55 anos e usuarias do programa Coida o Corpo impulsado polo Concello de Tui en colaboración con AFAGA Alzheimer.
Este encontro permitiu a realización de distintas probas por equipos, buscando potenciar o exercicio físico a través do xogo, a superación persoal e o sentimento de pertenza ao grupo como ferramentas para procrear un envellecemento activo.




