O trío de música e humor ‘Cabraret’ actúa na Casa da Lectura

VOLVEN AS NOITES GOLFAS Á CASA DA LECTURA

Gondomar | O sábado 11 de febreiro, ás 22:30 horas, a asociación Espazo Lectura organiza unha nova edición das Noites Golfas na Casa da Lectura (Nogueira 8-Donas, Gondomar).

O vindeiro sábado, a Casa da Lectura converterase nun cabaret coa actuación do trío CABRARET: dúas cabras e unha cantante que virá falarnos do seu libro.

Cabraret é un grupo musical formado por unha contralto, un acordeonista e un contrabaixista. Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir o público e que os espectadores poidan gozar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.

Achegamos en PDF un dossier sobre o grupo.