• Segue conectado
  • |

O entroido de Salceda contra as agresións sexuais

Salceda de Caselas | O municipio de Salceda acolle esta fin de semana a que sen dúbida é a súa festa máis representativa, a do Entroido, que leva máis de 130 anos enfrontando aos barrios de Castro Barreiro e A Feira. O que eran festas parroquiais, lévanse convertido en grandes festas que congregan a multitude de persoas chegadas de toda a bisbarra.

O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña “Entroideiro ou besta”, coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara pode carrexar situacións de risco para as mulleres. Pois non é a primeira vez que este ambiente de festa é aproveitado por suxeitos parapetados detrás dunha máscara que aproveitando as aglomeracións se dedican a cometer actos moitas veces de acoso a mulleres.

Concello e asociacións pretenden deste xeito concienciar na convivencia e no respecto, de xeito que o entroido de Salceda siga a ser coñecido por unha única loita: a dos barrios da Feira e de Castro Barreiro. Baixo o lema “o meu NON é o teu NON”, os cartaces da campaña estarán presentes polos torreiros de festas dos dous barrios, así como no camiño que os une, no que se aglutinan os desplazamentos dos centos de persoas que circulan entre ámbolos dous torreiros.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda e responsable da área de igualdade: “seguimos implantando novas medidas do plan de igualdade aprobado en novembro de 2019. O noso compromiso coa igualdade e coa liberdade das mulleres plásmase en campañas coma esta, que non serían posibles sen o compromiso das diferentes asociacións, neste caso vinculadas ao Entroido”.

Publicado o 20 Feb 2020 en Benestar Social, Portada, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies