Museo do Pobo Galego acolle a mostra “Mulleres Maya Mam”

Para achegar a realidade das mulleres guatemaltecas á cidadanía galega

Santiago de Compostela | Dende o vindeiro xoves, 1 de febreiro, o Museo do Pobo Galego acolle a mostra “Mulleres Maya Mam: nutrindo raíces, transformando vidas”. Un percorrido polos rostros das mulleres mayas guatemaltecas ás que a organización Educo e Tierra Nueva están a acompañar para a mellora das súas condicións de vida.

O 90% da poboación indíxena en Guatemala vive entre o analfabetismo, a desnutrición e a pobreza, e sitúanse en zonas rurais onde o illamento condiciona o seu día a día e limita o seu desenvolvemento. Grazas ao apoio da Subdirección de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, desenvolvese un proxecto de fortalecemento de capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas.

A través da formación e apoio no uso e control dos recursos familiares e comunitarios para a produción, consumo e comercialización de alimentos e cun claro compoñente de xénero búscase empoderar a muller indíxena para facela partícipe e protagonista do seu desenvolvemento.

Todas as fotografías van acompañada dun código QR que da acceso a un vídeo testemuña de cada unha delas.

O vindeiro xoves 1 de febreiro o Museo do Pobo Galego acollerá a presentación oficial da mostra a partires das 18h. Do 1 ao 29 de febreiro poderase visitar a mostra no Museo do Pobo Galego, na Costa Santo Domingo s/n en horario de 11 a 18h

Sobre Educo
Desde hace más de 30 años, Educo trabaja en la defensa de los derechos de la infancia; especialmente su derecho a recibir una educación de calidad. Actualmente llevamos a cabo más de 200 proyectos en 14 países en los que participan 1 millón de niños, niñas, adolescentes y jóvenes. Formamos parte de la alianza internacional ChildFund, que cuenta con 11 organizaciones internacionales y que está presente en 70 países, donde da apoyo a 32 millones de niños y niñas y sus familias.