
Mos | O Concello de Mos organizou en Santiaguiño unha festa de despedida para os 12 nenos e nenas saharauís que pasaron o verán no municipio con familias acolledoras no marco do programa Vacacións en Paz.
Os menores chegaron a Mos o pasado mes de xullo e, durante a súa estancia, participa-ron en diferentes actividades organizadas polo Concello. Entre elas, acudiron ao cam-pamento municipal infantil Mañás de Verán, ademais de participar en distintas propostas de lecer e actividades programadas ao longo destes meses.
A festa de despedida contou con inchables, actividades con monitor e unha merenda, nunha xornada de convivencia cos menores e as súas familias acolledoras antes do seu regreso aos campamentos saharauís.
O Concello de Mos agradece ás familias acolledoras a súa implicación durante estes me-ses e a colaboración de tódalas persoas e entidades que fan posible a participación de Mos no programa Vacacións en Paz. A previsión é que os menores regresen entre os días 5 e 7 de setembro, con saída prevista desde o Pazo de Mos.
Baiona recibe a unha nena saharauí
Unha nena de dez anos procedente do Sáhara visitou o Concello de Baiona tras pasar os meses de xullo e agosto cunha familia de acollida a través do programa “Vacacións en Paz” organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS)

O Alcalde Jesús Vázquez Almuíña e membros do equipo de goberno deron a benvida á nena e á familia de acollida, entregando un agasallo á pequena.




