II Festival de Cantiga Tradicional Galega organizado por ASOMAMOS

Terá lugar o domingo 30 de abril pola tarde no Pazo de Mos

A Coral Polifónica de ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza o seu II Festival de Cantiga Tradicional Galega, que terá lugar o domingo 30 de abril ás 19.00 horas no auditorio do Pazo de Mos.

A entrada será libre ata completar o aforamento e, ademais da coral anfitriona, actuarán outras dúas agrupacións corais: o grupo Cantaruxía e Airiños do Mar de Teis.

cantiga