• Segue conectado
  • |

Gran acollida dos veciños na inauguración da exposición de radios na Casa da Cultura de Salceda de Caselas

A Casa da Cultura do Concello de Salceda de Caselas acolleu onte mércores a inauguración de radios expostas pertencentes ao coleccionista luso Luis Silva.
Salceda de Caselas | Esta exposición conta con máis de 63 radios das 2000 que ten o coleccionista e que todas presentan un óptimo funcionamento.
Un dos obxectivos da exposición é o de colaboración coa asociación
viguesa de esclerose múltiple, presentando diversas unidades que se
atopan á venta para contribuír ao seu financiamento.
Á inauguración acudiron veciños e veciñas da vila e tamén membros de
diferentes asociacións e agrupacións, para recibir ao coleccionista Luis
Silva no acto presentado por Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e
Marcos Besada, Alcalde de Salceda.
Foron os Sax Mallets, integrado polos músicos Blanca e Fran, os
encargados de darlle un toque musical ao acto, que aprobeitando o curso
internacional da semana musical, que está tendo lugar en Salceda,
demostraron a gran calidade musical que presentan os músicos da
Asociación de Amigos da Música de Salceda.
A música é parte das esencias imprescinbles da vida, que interfire en
gran medida no noso estado de ánimo. A radio non só nos proporcionou
a chegada da música ás nosas casas dende diferentes puntos do mundo,
no momento en que queiramos que esté presente, senón que tamén nos
permitiu ter acceso ao coñecemento das noticias do que está a
acontecer.

Publicado o 1 Ago 2012 en Axenda, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies