Germán Rodríguez, novo conselleiro nacional da Asociación contra o Cancro

Foi recibido polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense

Ourense | O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial a Germán Rodríguez-Sáa, para trasladarlle os seus parabéns polo recente nomeamento como conselleiro nacional da Asociación Española Contra o Cancro, e desexoulle un período exitoso na responsabilidade que acaba de principiar, que permitirá reforzar a participación de Galicia nos órganos de goberno da entidade.

No encontro, Manuel Pardo destacou que este nomeamento supón un recoñecemento á súa traxectoria como presidente da Asociación Española Contra el Cancro en Ourense, e ao traballo que esta entidade vén desenvolvendo grazas á implicación do voluntariado, dos profesionais, das persoas colaboradoras e das institucións, que comparten o obxectivo común de seguir avanzando na loita contra esta enfermidade. Na foto Manuel Pardo e Germán Rodríguez.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.