Faleceu a ex alcaldesa do Porriño Eva García de la Torre

Vítima dun infarto este xoves 27 de xaneiro

O Porriño | A ex alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, faleceu vítima dun infarto este 27 de xaneiro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, aos 59 anos de idade.

Avogada natural de Sevilla, García de la Torre foi rexedora do Concello porriñés polo PSdeG/PSOE desde 2015 ata novembro de 2021, cando dimitiu para evitar unha moción de censura na súa contra motivada porla crise política iniciada semanas atrás. En decembro pasado, o voceiro do Partido Popular (PP), Alejandro Lorenzo, foi investido como novo alcalde.

As fontes informativas dan conta de que a ex alcaldesa estivo durante a mañá deste xoves 27 de xaneiro nas dependencias da Corporación Municipal porriñesa ata notar malestar e sentirse indisposta, polo que foi trasladada en ambulancia ao hospital, donde finalmente faleceu.

O actual alcalde Alejandro Lorenzo amosou a súa “consternación, profunda dor e respecto” polo falecemento de García de la Torre, anunciando a convocatoria dun pleno extraordinario para decretar luto oficial no Concello porriñés. Este pleno aprobou o luto oficial no Concello durante tres días.