Concurso de bandas Rock in Río Tea

 

NDEA_ onion selfie

Ponteareas | Este sábado no JJ de Ponteareas, a partir da medianoite, saberemos o último semifinalista do III concurso de bandas Rock in Río Tea. Quizais se trate dunha das eliminatorias máis esperadas polo nome das dúas bandas que pisarán o escenario da sala de Ponteareas.

Por unha banda a formación viguesa The Shoubinhas Experience, que despois do éxito do seu disco “A Home Called Metropolis” preséntase a este concurso cunha nova formación onde destaca a incorporación da nova guitarrista Laura Solla.

A xoven banda Spoonful, tamén de Vigo, será a outra banda que buscará pasar á seguinte fase do concurso. Unha mestura de blues e hard/rock setenteiro animará á xente que, nunha reposta sen precedentes, está a encher todas as semanas o JJ.

Na imaxe o grupo Onion Smile, clasificado para as semifinais.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!