O Concello de Ponteareas presenta a programación da Feira de Outono

A bióloga Marisa Castro participará nas charlas micolóxicas da Feira de Outono e Gabriel Pérez explicará, nunha charla e sobre o terreo, como identificar cogomelos no campo

Ponteareas | O Concello de Ponteares presenta a Feira de Outono de Ponteareas que sigue facendo unha aposta forte pola micoloxía, polo que con motivo da súa décima edición aumentarán as actividades relacionadas cos cogomelos. Neste sentido, as actividades comezarán o xoves 2, cunha charla ás 20 horas na sala de conferencias do Auditorio Municipal na que a experta micolóxica Marisa Castro falará da etnomicoloxía para achegarnos ao papel cultural dos cogomelos. Marisa Castro é bióloga, traballa na actualidade como profesora do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo e ten publicado diversos libros sobre os cogomelos.

O venres 3, a Biblioteca Municipal acollerá ás 19:30 horas unha nova charla micolóxica a cargo de Gabriel Pérez, biólogo e membro do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, que explicará como identificar cogomelos no campo. O propio Gabriel Pérez será o encargado das explicacións sobre o terreo que terán lugar na saída micolóxica do sábado 4, partindo dende o convento de Canedo para decorrer polo monte da Picaraña.

O domingo 5, coincidindo coa última xornada da Feira de Outono, terá lugar na carpa da Praza Maior a tradicional exposición micolóxica, na que se poderán contemplar os exemplares recollidos clasificados co seu nome común, o seu nome científico e as súas características. A exposición estará aberta de 11:00 a 20:00, coincidindo co horario de apertura da Feira de Outono.

Dentro das actividades da Feira de Outno, a hostelería de Ponteareas da man da Concellería de Comercio ofrecerá o roteiro gastronómico “Bocados de outono”.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!