Concello de Ponteareas destinará 8.000 euros á axudas de carácter social

Para asociacións e entidades sen ánimo de lucro

Ponteareas | O Concello de Ponteareas convoca un ano máis a liña de subvencións para colectivos de carácter social, unhas axudas cunha partida de 8.000 euros e concedidas por procedemento de concorrencia competitiva ás que poden optar asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas sociais ao longo deste ano 2021.

“O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)”

O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

O obxectivo desta convocatoria é apoiar ás entidades sociais para que desenvolvan programas orientados á prevención, asistencia, rehabilitación, integración social ou promoción do benestar social da veciñanza ponteareá.

Estas accións e actividades deberán ir enfocadas á sensibilización da participación cidadá, á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ao voluntariado social ou á atención de situacións de emerxencia social, entre outras.

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, salienta que con esta liña de axudas “buscamos apoiar na medida do posible o traballo que están a desenvolver as asociacións coa implicación da veciñanza, o que sen dúbida contribúe a mellorar a realidade do noso concello”.

“As entidades que poden beneficiarse desta convocatoria realizan durante todo o ano un traballo que merece o noso recoñecemento, porque se esforzan en poñer en marcha programas e accións coas que atender ás persoas que máis o necesitan”, recalca a edil.

Unha vez publicada a convocatoria no BOPPO, as bases poderán consultarse na páxina web do concello de Ponteareas no apartado de ‘Axudas e subvencións’.

As entidades interesadas deberán presentar as súas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Concello.