Charla para familias do SAT Salvaterra, Arbo e Crecente

Este 10 de abril baixo o título "Adquirir rutinas"

Salvaterra de Miño | O SAT da agrupación dos Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente realiza este mércores 10 de abril ás 17:30 horas unha charla baixo o título “Adquirir rutinas” para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

A charla impartida por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional, terá lugar na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño e busca axudar os pais e nais a coñecer mellor o desenvolvemento do/as pequeno/as, recoñecer as súas dificultades e introducir rutinas segundo a idade. Calquera persoa interesada con neno/as de 0 a 6 anos pode participar chamando antes ó 676229041 ou ben acudindo directamente.

O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente que desenvolve a súa actividade presencialmente en cada un dos concellos en instalacións destinadas a tal fin atendeu durante o último ano un total de 87 usuarios pertencentes ós tres municipios. Trátase dun servizo para a poboación infantil de 0 a 6 anos dos tres concellos que conta cun equipo multidisciplinar formado por 1 psicóloga e coordinadora do servizo, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda. Esta non é a primeira charla que ofrecen ás familias senón que ó longo do ano desenvolven diferentes actividades.

Máis de 2.000 pinchos na Ruta Pinchoterra
A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos.

O primeiro día da I Ruta Pinchoterra superou tódalas expectativas esgotando os pinchos que os establecementos tiñan preparados para o público. En total entre os 26 locais participantes servíronse máis de 2000 pinchos e practicamente todos remataron coas existencias.

O Concello de Salvaterra de Miño valora a acollida da iniciativa gastronómica que pon de relevo o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado, salientando que o público procedente do noso concello e doutros da zona encheu as rúas de Salvaterra de Miño. Co fin de chegar a máis xente, os establecementos reforzarán a súa oferta de cara a este próximo venres para que poidan degustar os pinchos e participar na ruta.

Recordamos que a I Ruta Pinchoterra terá lugar todos os venres do mes de abril e que conta cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito. Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.