• Segue conectado
  • |

Campionato de España de Drons en O Porriño

O Porriño | O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e a Federación Aeronáutica Galega.

A proba, á que acoden 56 pilotos, dende nun circuíto especificamente creado para esta proba, no ‘campo de voo’ de Furaventos na parroquia de Pontellas, que o presidente do club cualifica de “moi vertical”, con obstáculos artificiais, e mixto, xa que conta cunha parte de pista e outra de monte, algo anovador nesta competición e que é especialmente atractivo para os participantes que consideran o circuíto porriñés como “un dos mellores de España”.

Manuel Carrera salientou o “excelente labor que con moi poucos recursos e moitos azos” está a levar adiante o Club Furaventos que, lembrou, “dende este ano conta cunha achega da Concellería de Deportes do Porriño”.

Carrera subliñou a “espectacularidade” desta modalidade deportiva e, especialmente, deste campionato onde, sinalou, tomarán a saída drons que “poden pasar de 0 a 100 quilómetros por hora en menos de 2 segundos e chegan a velocidades de ata 140 quilómetros por hora”.

Programa

O programa da proba empezará o venres, día 29, cos adestramentos libres; o sábado, día 29, será o intre das probas clasificatorias e o domingo, pola mañá, chegará a hora das finais das que sairán os campións de cada unha das categorías.

O ‘neno prodixio’ Alex Zamora entre os participantes

Por si o voo destas máquinas non fose incriblemente espectacular, cos pilotos guiando as mesmas utilizando unhas gafas pantalla dende as que poden seguir o trazado (grazas á cámara de a bordo que manda as imaxes en tempo real), outra das grandes ‘atraccións’ desta cita é a participación do cuarto mellor piloto do mundo, o novísimo Álex Zamora, de so 10 anos de idade, e do Erick Carratala, actual campión de España.

Os dous tentarán facer un bo papel nunha proba que é “crucial” dado que os primeiros do campionato chegan moi axustados na clasificación e, ademais, xóganse puntos decisivos para poder facerse cun dos 5 postos na Selección española que disputará o vindeiro mes de outubro, en China, o Campionato do Mundo.

Publicado o 26 Xuñ 2018 en Axenda, O Porriño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies