Asteaval achegase a entidades sociais e institucións

A Deputación prestará apoio e asesoramento á Asociación de Trastorno do Espectro Autista de Valdeorras

Ourense | A Deputación de Ourense prestará apoio á Asociación de Asperger e Trastornos do Espectro Autista de Valdeorras (Asteaval), poñendo a disposición deste colectivo a capacidade técnica da Área de Benestar e Servizos Sociais da institución provincial.

“Celebramos e valoramos positivamente a posta en marcha desta iniciativa”, manifestou o presidente da Deputación, Luís Menor, logo da reunión que mantivo con Rubén García e Susana López, membros da directiva de Asteaval, na que foi informado das actividades que realizan desde a asociación, constituída hai aproximadamente un ano. Precisamente este encontro enmárcase no programa de achegamento a entidades sociais e institucións que están a realizar os responsables de Asteaval.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.