Asociación Érguete mergúllanse na natureza de Vigo

Con varios proxectos nos espazos verdes da cidade

Vigo | A Asociación Érguete está a apostar durante os últimos anos en acercar ás persoas usuarias á natureza de Vigo. Están a realizan varios proxectos nos espazos verdes da cidade para mostrarlles que “con esforzo todos e todas podemos contribuír a crear un mundo mellor e que mergullarse na natureza pode ser unha actividade de ocio e uso do tempo libre que aporta moito pracer”.

A entidade forma parte do Proxecto Ríos de ADEGA e ten adoptado un espazo do río Lagares para que as persoas usuarias poidan observalo e coidalo nas distintas estacións do ano. “Con esta iniciativa facemos que todos e todas poidan traballar e axudar aos seus veciños e veciñas ao tempo que continúan loitando para mellorar persoalmente.

Todos os datos que recollen as persoas usuarias son analizados en común coa entidade ecoloxista e entregados para que se sumen no Informe Anual sobre Ríos do Estado.
Fotógrafos da natureza

Na Asociación tamén teñen como obxectivo que as persoas usuarias transmitan á sociedade a súa mirada particular da natureza. Por iso e coa axuda do fotógrafo, Julio Eiroa de Natureandphoto.com, sacaron ás cámaras non seus paseos polo río Lagares para inmortalizar momentos e sensacións con imaxes. Estas fotografías expóñense cada martes e xoves nas distintas redes sociais da entidade.

As persoas usuarias destacan que estas actividades están “moi ben”, xa que lles axudan “a deixar de pensar nas súas cousas por momentos”, e a aprender que o entorno que nos rodea “ten moito valor e debemos coidalo”. “Agora vemos as cousas doutra maneira”, afirman. Explican que nunca antes se pararan a contemplar a beleza e a riqueza que agocha a nosa contorna e animan “a todos e a todas a poñer as súas miradas na nosa natureza”.

Curso de prevención aditiva na Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades de prevención de condutas aditivas e de redución de riscos realizadas nos centros educativos da comunidade neste curso escolar.

Realizáronse diversos talleres pertencentes aos Programas “Educación para a Saúde na Escola” e “Non pasa nada, pasa algo?” tratando diferentes contidos tendo en conta tanto as idades como as necesidades do alumnado.

A poboación destinataria ascende a 513 nen@s e moz@s, que recibiron como mínimo 4 horas de formación específica sobre esta temática, e a 40 mestr@s/profesorado.

Estes programas que se adaptan ás características e ás demandas d@s participantes tratando aspectos fundamentais da saúde, teñen moi boa acollida por parte do alumnado e polos centros educativos. Unha Educadora Social, con ampla experiencia nesta área, foi a encargada de realizar estas actividades.

Estas actividades están financiadas pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socias e socios da entidade. Queremos agradecer a confianza e a implicación amosada pol@s mestr@s e profesorado da comunidade nestes proxectos porque sen a súa colaboración estas actividades non se poderían realizar, abrindo un espazo moi valioso para o tratamento destas temáticas.