A Translatio atrae a atención rusa

O embaixador ruso Yuri P. Korchagin visitou este entorno de peregrinación marítima
O embaixador Korchagin cos Nenos Pintores de Arousa que visitaron Rusia fai 30 anos.

Vilanova de Arousa | O Embaixador Extraordinario e Plenipotenciario da Federación de Rusia ante o Reino de España, Yuri P. Korchagin, visitou os Concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, todos eles pertencentes a Mar de Santiago, entidade enfocada no fomento turístico da ruta de peregrinación marítima a Santiago de Compostela, tradicionalmente coñecida como Translatio.

Así, o embaixador Korchagin amosou o seu interese por esta ruta marítima de peregrinación, toda vez estivo acompañado do recen nomeado Cónsul Honorario de Rusia en Galicia, Pedro Mouriño, dos alcaldes de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán; Catoira, Alberto García; Valga, José María Bello Janeiro; e Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage; así como representantes diplomáticos da Embaixada e do Consulado de Rusia en España e do Atamán da Unión de Cosacos en España, Aleksandr Vasilenko.

A visita tivo unha especial atención no Concello de Vilanova de Arousa, onde a comitiva diplomática rusa asistiu á inauguración da exposición “Nenos Pintores de Arousa. Intercambio Cultural España-Rusia 30 anos despois”, que foi realizada no Auditorio Valle Inclán. Alí, o embaixador Korchagin compartiu experiencias con estas persoas que fai tres décadas visitaron Rusia, que nese momento aínda era a URSS.

A continuación, o embaixador e a súa comitiva ofreceron a bendición do campanario da Capela de San Mauro, donada pola Unión de Cosacos en España. Esta capilla data do século XVI. Tamén visitaron a Igrexa de San Ciprián para, posteriormente, achegarse á Casa Museo Valle Inclán, onde o embaixador Korchagin asinou o libro de visitas.

Na Capela de San Mauro. Ao fondo, o campanario donado pola Unión de Cosacos de España.

A xornada finalizou cunha ruta marítima representativa da Translatio, saíndo en barco da Estación Marítima de Vilanova de Arousa polas de cara ás rías de Catoira, Valga e Pontecesures, lugar onde lle foi ofrecido unha degustación vitivinícola e gastronómica local.

A xira do embaixador Korchagin por Galicia finalizará este 30 de xuño, cunha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que explorarán os recentes avances nas relacións entre Galicia e Rusia, co foco no Xacobeo 2021-2022 e os investimentos económicos.