A residencia de maiores do Carballiño cumpre 120 anos

Celebrou con excursións e unha exposición fotográfica
Celebración do aniversario.

O Carballiño | O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou no acto de celebración do 120 Aniversario Asilo de O Carballiño, organizado pola Residencia Hermanos Prieto.

Alí, o director xeral puxo en valor a longa traxectoria desta entidade, da que destacou o seu compromiso diario por e para o benestar dos maiores, aos que a pandemia volveu situar como piares fundamentais da nosa sociedade.

O programa de conmemoración do 120 aniversario da residencia Hermanos Prieto ofreceu distintas actividades como excursións cos usuarios e unha visita a unha exposición fotográfica “O Asilo en tempos de pandemia” , ata distintas xornadas de convivencia entre traballadores e residentes, entre outras propostas.