• Segue conectado
  • |

A Guarda acolle o 10 de agosto o «XI Encontro da Cultura Celta»

A Guarda | Como ven sendo habitual cada ano, Galicia acolle aos «Amigos da Cultura Celta», un colectiva que agrupa a máis dun cento de expertos e afeccionados de diversos países de Europa e de América para celebrar, nesta edición, o «XI Encontro da Cultura Celta», que se levará a cabo na Guarda.

O XI Encontro da Cultura Celta terá lugar o venres 10 de agosto a partires das 10:30h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda, sito na Rúa Rosalía de Castro, 14.

Entre a programación de actividades para esta edición destaca o acto solemne de entrega de distincións e recoñecementos a personalidades do mundo da docencia, a investigación, a difusión da cultura e da conservación do patrimonio, amenizando a actividade con música celta.

Seguindo coa programación, visitarase a Citania do Monte de Santa Trega da Guarda, baixo as explicacións do Director de Conservación e Interpretación.

O obxectivo que persegue este colectivo é dar a coñecer, cunha perspectiva histórica e cultural, o incalculable valor do noso patrimonio celto-castrexo, potenciando o gran interés turístico-cultural que posúe tal e como o veñen facendo outros «países celtas» dos finisterres europeos.

Ao acto, que será de carácter público, asistirán autoridades académicas e políticas, expertos na temática celta, de 6 universidades españolas e portuguesas, docentes, escritores, periodistas e destacados especialistas e intérpretes do que se considera a «música celta».
Sen dúbida será un evento cultural, dinámico, ilustrativo e divertido.

Publicado o 27 Xul 2018 en A Guarda, Axenda.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies