• Segue conectado
  • |

Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados en Cans’17

Cans/O Porriño | Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival con 77 anos.

A asemblea da Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2017, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Miguel de Lira (Lira, 1964), un deses intérpretes que medraron á par que o fixo o audiovisual propio de Galicia. Fiel seguidor e difusor do Festival de Cans desde a primeira edición, Cans quere contribuír deste xeito a recoñecer o traballo dun actor que consideramos imprescindible no panorama do audiovisual galego actual.

Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, a Jorge Coira, profesional do sector audiovisual que ten traballado no espallamento, difusión e fomento do Festival de Cans participando nel en pasadas edicións como xurado ou como ponente en “Cans do futuro” ante as novas xeracións de creadores e creadoras, e a Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano de todos os que levan a cabo esa tarefa no festival. Todos eles recollerán o seu premio na “Noite das Homenaxes” que se celebrará o venres 26 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación de estrela de Miguel de Lira.

Publicado o 14 Mar 2017 en Axenda, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies