• Segue conectado
  • |

A compañía galega Isla LeTriska presenta o seu espectáculo de novo circo en San Martiño Pinario

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A compañía galega Isla LeTriska presenta un delirante espectáculo que combina variadas disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios…) con excentricidades e xogos co público. Será este mércores 5 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde, nunha nova entrega do programa Verán na rúa. […]

Reurbanización na contorna do complexo Vila de Noia, CEIP Fogar e IES Alfredo Brañas

CARBALLO | A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, vén de aprobar a adxudicación do contrato de obras para a “Reurbanización na contorna do complexo Vila de Noia, CEIP Fogar e IES Alfredo Brañas”, un proxecto que rehabilitará a Zona escolar e deportiva do Chorís con novos servizos, beirarrúas e unha nova pista deportiva. […]

Proxecto de prácticas no Reino Unido para axudar a mozos e mozas a incorporarse ao mercado laboral

OURENSE | A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense participa no Proxecto de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) para reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, ou recén titulados. Deste xeito, quere contribuír á mellora da súa formación mediante a adquisición de […]

O Concello solicitará 2,8 millóns de préstemo para diversas inversións

PONTEVEDRA | O concelleiro de Economía e Contratación, Raimundo González informou esta mañá do proceso de adxudicación do novo préstemo que solicitará o Concello neste mesmo ano. Trátase dunha contía de 2.885.000 euros toda ela destinada a investimentos. As partidas do préstemo serán: 200.000 euros para redes de sumidoiros no rural 700.000 euros para accesibilidade […]

Local de ensaio gratuíto para bandas emerxentes no Espazo Lusquiños da Mocidade

OURENSE | A música non profesional atopa o seu espazo. As bandas emerxentes da cidade xa teñen un novo lugar onde ensaiar, totalmente equipado, e de balde. É o Espazo Lusquiños da Mocidade, na Avenida de Marín 16, dependente da Concellería de Xuventude, que fai un chamamento durante todo o mes de agosto para que […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies